Estudantes e graduados
Estudantes e graduados
Comeza a túa carreira profesional connosco e vive os valores dunha empresa líder a nivel internacional. Non o dubides e infórmate.
Canle de emprego
Para facer funcionar unhas instalacións da complexidade do Complexo Industrial A Coruña fai falta un persoal cualificado, cun variado perfil de postos de traballo. Este alto nivel profesional dos empregados require unha posta ao día permanente dos coñecementos, debido á evolución tecnolóxica na industria enerxética e á crecente competitividade dos mercados.
Queres traballar en Repsol?
Descobre os postos que ofrecemos e forma parte do noso equipo.
Formación
Nas nosas instalacións levamos a cabo programas de formación continua e desenvolvemento profesional personalizado, dedicando anualmente ao redor de 50 000 horas a formación. En Repsol consideramos de vital importancia o papel da educación e a formación no desenvolvemento da innovación, o que fai imprescindíbel máis interacción entre a formación e a empresa.
Por todo iso, dende a refinaría mantemos distintos acordos coas tres universidades galegas para o desenvolvemento de colaboracións específicas e formación do alumnado. Dende o ano 2003, estamos involucrados no desenvolvemento do Ciclo Superior de Química Industrial, impartido no IES A Sardiñeira da Coruña.
Por unha banda, co ciclo ordinario no que os alumnos teñen formación práctica na refinaría e os que destaquen no seu rendemento realizarán as súas prácticas de FCT (Formación en Centro de Traballo), necesarias para obtención do título.
E por outro, desenvolvemos o Programa de Formación Profesional Dual, un proxecto levado a cabo conxuntamente coa Xunta de Galicia que permite aos alumnos do ciclo superior de Química Industrial, combinar a súa aprendizaxe no centro educativo con máis de 600 horas de formación e prácticas remuneradas na refinaría, que reforzan a súa preparación e melloran a súa empregabilidade.
Ademais, dende 2011 convócase, xunto a Fundación Repsol, o Programa de Bolsas para alumnos de distintos ciclos de FP que cursen os seus estudos en centros da Coruña e Arteixo. Estas bolsas anuais son compatíbeis con outras outorgadas pola Administración.
Estudantes e graduados
Comeza a túa carreira profesional connosco e vive os valores dunha empresa líder a nivel internacional. Non o dubides e infórmate.
Contacto
O noso obxectivo é mellorar continuamente. Aquí podes contactar coas principais áreas da Compañía.