Estudantes e graduados
Estudantes e graduados
Comeza a túa carreira profesional connosco e vive os valores dunha compañía líder a nivel internacional. Non o dubides e infórmate.
A nosa xente
O noso complexo industrial é un dos motores da economía coruñesa e galega dende que comezou a funcionar en 1964. Facilitamos aos nosos empregados un xeito de equilibrar a súa vida profesional coa súa vida persoal.
Comprometidos cos nosos valores
En Repsol creemos na importancia de catro alicerces básicos para o benestar dos nosos empregados: diversidade, conciliación, igualdade e integración.
Na Refinaría da Coruña botamos a andar a experiencia piloto do teletraballo en 2010, e hoxe é xa unha realidade. Esta ferramenta permite aos nosos empregados adscritos ao programa desenvolver o seu traballo con flexibilidade, responsabilidade e eficacia.
De feito, o noso éxito neste campo impulsounos a recoller a experiencia no Libro Branco do Teletraballo, presentado en xaneiro de 2013 polo Presidente de Repsol, Antonio Brufau, e a Ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez.
Repsol aposta polo talento e no noso Complexo Industrial A Coruña defendemos a diversidade como o medio para conseguir o mellor equipo humano posíbel. Consideramos necesario contar co maior número de puntos de vista posíbeis para axudarnos así a tomar as decisións adecuadas en todos os nosos proxectos.
+ 650
empregos directos
+ 1.000
empregos totais
+ 3.000
empregos indirectos
Comprometidos coa nosa xente
Siguiendo nuestro espíritu de no discriminación y de igualdad, en Repsol también queremos apostar por la inclusión de la mujer en todos los ámbitos profesionales. Esto ha sido especialmente aplicable en los puestos de operación de las refinerías, que históricamente han sido trabajos ocupados por plantilla masculina.
Para conseguirlo, hemos puesto en marcha diversas campañas de sensibilización en centros educativos y foros universitarios de empleo. Como resultado el número de mujeres que han accedido al Ciclo Superior de Química Industrial ha aumentado en un 50%. A su vez también se han visto resultados en nuestra propia plantilla.
El porcentaje de mujeres en nuestro Complejo Industrial subió del 2% en 1996 al 8% en 2008 y actualmente hemos alcanzado el 16%.
Programa de Integración de Persoas con Capacidades Diferentes
En 2005 impulsouse o Programa de Integración de Persoas con Capacidades Diferentes. Se está realizando grazas ao compromiso e esforzo de todos e supón a superación dun reto social e empresarial clave. Dentro do Complexo da Coruña, este programa se centra en cinco áreas principais:
Estudantes e graduados
Comeza a túa carreira profesional connosco e vive os valores dunha compañía líder a nivel internacional. Non o dubides e infórmate.
Contacto
O noso obxectivo é mellorar continuamente. Aquí podes contactar coas principais áreas da Compañía.