As nosas instalacións
As nosas instalacións
A refinaría emprázase entre os municipios da Coruña e Arteixo.
FP Dual
Comprometidos coa formación
Grazas a este compromiso de Repsol coa FP, máis de 500 alumnos de Química Industrial (ordinario, dual e FCT) realizaron 10 000 horas de formación na refinaría nos últimos 10 anos.
Por unha banda, co ciclo ordinario no que os alumnos teñen formación práctica na refinaría e os que destaquen no seu rendemento realizarán as súas prácticas de FCT (Formación en Centro de Traballo), necesarias para obtención do título.
E por outra, desenvolvemos desde o ano 2013 o Programa de Formación Profesional Dual, un proxecto levado a cabo conxuntamente coa Xunta de Galicia. Este proxecto permite aos alumnos do ciclo superior de Química Industrial combinar durante dous cursos a súa aprendizaxe no centro educativo con formación e prácticas remuneradas na refinaría, que reforzan a súa preparación e melloran a súa empregabilidade.
A FP Dual supón, ademais dun beneficio engadido para os estudantes, unha oportunidade para as empresas, xa que, desta forma, a Compañía pode formar a futuros profesionais, dándolles coñecementos específicos axustados ás necesidades reais.
En outubro de 2019 comezou nas nosas instalacións a 4ª promoción desta FP Dual. Os 20 alumnos desta promoción realizan preto de 950 horas de formación no complexo industrial, que supoñen preto do 50 % de horas regradas.
As nosas instalacións
A refinaría emprázase entre os municipios da Coruña e Arteixo.
A nosa xente
O noso complexo industrial é un dos motores da economía coruñesa