A nosa contorna
Ámbito social
No Complexo Industrial A Coruña estamos comprometidos coa nosa contorna desde 1964. Colaboramos coa nosa comunidade no ámbito social ben sexa de forma individual ou xunto á imprescindíbel colaboración de Fundación Repsol.
Cada ano traballamos para sacar adiante proxectos sociais de entidades locais e que estean dirixidos a colectivos vulnerábeis, discapacidade e dependencia.
Traballamos constantemente con diversas entidades para desenvolver proxectos que axuden á sociedade.
A Refinaría de Repsol na Coruña
Os últimos proxectos polos que apostamos foron, por unha banda:
Estes proxectos centran os seus obxectivos en favorecer a promoción e desenvolvemento integral das persoas en situación de pobreza e vulnerabilidade, contribuíndo á igualdade de oportunidades e a inserción social. Buscan promocionar o desenvolvemento social e educativo de nenos e mozos de familias en situación de pobreza, así como atender necesidades básicas, ou promocionar hábitos saudábeis e mellora na calidade de vida.
Doutra banda, tamén apoiamos:
Estas dúas iniciativas promoven a calidade de vida das persoas con discapacidade, lecer inclusivo e desenvolvemento psicosocial deste colectivo.
E tamén mantemos un longo compromiso co Banco de Alimentos Rías Altas realizando anualmente distintas doazóns e campañas de recollida entre empregados.