Ámbito deportivo
O noso apoio ás actividades deportivas non só se debe ao contrastado efecto positivo que ten sobre a saúde dos cidadáns da nosa contorna, tamén é consecuencia do noso convencemento de que o deporte é unha das manifestacións máis destacábeis do espírito de superación que nos move como Compañía e que nos fai avanzar como sociedade.
En Repsol estamos co deporte e traballamos para facer realidade este compromiso.
A Refinaría de Repsol na Coruña
Un exemplo deste espírito é a Carreira pola Integración do Proxecto Enki da Fundación Abrente que a Refinaría de Repsol apoia desde os seus inicios no ano 2014.
Tamén achegamos o deporte de elite aos cidadáns con numerosas actuacións como: a visita do Equipo Repsol Honda á Coruña con motivo do 50 aniversario do noso complexo industrial.
Tamén prestamos o noso apoio á cidade da Coruña para a organización da etapa da Tall Ships Race que toca esta cidade galega. Esta regata de grandes veleiros está considerada como unha das grandes citas náuticas do mundo.