Cando parar significa avanzar
O mantemento das nosas plantas é unha actividade que levamos a cabo de forma diaria, pero periodicamente, para incorporar tecnoloxías máis avanzadas e investimentos de mellora, temos que realizar nelas funcións de revisión, renovación ou inspección que só poden executarse coas unidades fóra de servizo.
A estes traballos planificados é o que denominamos as paradas programadas.
Parada de hidrotratamento 2022
Convertémonos nunha refinería de futuro, multienerxética e máis sostible.
A refinería de Repsol na Coruña atópase inmersa nunha transformación industrial que vira en torno ao incremento da produción de biocombustibles e outros produtos de menor pegada de carbono para os que son necesarias modificacións en unidades e implementación de novas tecnoloxías que permitirán reducir as emisións CO2 e converterse nun complexo eficiente cun modelo enerxético descarbonizado.
Esta transformación imos ver reflectida en 2022 a través dos traballos da parada programada que se executarán en catro unidades da área de Conversión do complexo industrial e que son as encargadas do proceso de tratamento dos combustibles para eliminarlles o xofre.
As melloras planificadas nelas teñen como obxectivo o mantemento e mellora da fiabilidade destas plantas e van permitir conseguir combustibles cada vez máis ecolóxicos na produción da Refinería.
Para cumprir este obxectivo, Repsol destina preto de 10 millóns de euros, dos cales 3,6 millóns empréganse a novos investimentos e 6,1 millóns ao mantemento e revisión das unidades. Ademais, nesta parada, a maiores do persoal propio, Repsol contará co traballo de 400 profesionais diarios pertencentes a 18 empresas auxiliares e prevese que cheguen a alcanzarse puntas de 550 persoas traballando ao día, o que reforza o compromiso da Refinería como motor económico e de emprego.
A parada en cifras
4
paradas
33
de parada estimados
550
en puntas de traballo
9,75
en orzamento
18
participantes
440
de redución de emisións
Como e unha parada na Refinería da Coruña
As nosas instalacións funcionan 24 horas, todos os días do ano. O mantemento das nosas plantas é unha actividade que realizamos de forma diaria, pero periodicamente temos que realizar traballos de revisión, renovación, inspección, para incorporar tecnoloxías máis avanzadas ou investimentos de mellora, que só poden levar a cabo coas unidades fóra de servizo. A estes traballos planificados é o que denominamos as paradas programadas.
Neste tipo de paradas, que se van repetindo de forma periódica, realízanse numerosos traballos, como son o mantemento de equipos de produción, a súa substitución e a inspección, co obxectivo de aumentar a competitividade e a eficiencia e vanse repetindo de forma plurianual. Cada parada conleva distintas etapas (proceso de parada da unidade, revisión programada e, finalmente, posta en marcha novamente das unidades).
Tanto nos primeiros días, na fase de parada das unidades como na fase final de posta en marcha, os procedementos operativos requirirán do envío controlado e puntual aos fachos de excedentes de elementos gaseosos propios do proceso para a súa combustión. Por esta razón, en determinados momentos os fachos poderán ter unhas dimensións maiores das habituais, unha circunstancia normal nestas fases do proceso, que se realizan de forma totalmente controlada e segura.
Despois dunha parada destas características, estas unidades recuperan as súas condicións orixinais para operar, de acordo cos máis altos estándares de seguridade, realizándose coa maior optimización posible.